chamusco
chamusco
(< chamuscar)
-
chamurra.
-
s
m
Acción e efecto de chamuscar ou chamuscarse.
Ex: O chamusco do porco facíase botándoo sobre colmo ou sobre fentos ardendo.
Sinónimos: chamosco. -
s
m
Cheiro ou sabor característico de algo que está chamuscado.
Ex: As papas de óleo cheiraban e sabían a chamusco porque estaban esturradas.
Sinónimos: chamosco. -
s
m
Resto de comida queimada e pegada a un recipiente.
Ex: Gústalle aproveitar o chamusco da tarteira.
Sinónimos: chamosco.
Frases feitas
-
Cheirar algo a chamusco. Presentir que algo malo vai ocorrer ou sospeitar que algo resulta enganoso. Ex: Xa me cheiraba a chamusco tanta amabilidade e non me enganei. Os tratos que se trae con meu pai chéiranme a chamusco.