Chancela, Pazo de

Chancela, Pazo de

Situado en Santa Baia de Lueiro (Negreira). Ten planta en forma de L con dúas alturas nun dos seus lados e cunha soa noutro. Conserva unha torre ameada. Na parte posterior da á longa construíuse un novo corpo onde se situou a cociña. O conxunto está rodeado dunha muralla de pedra. O arco de acceso ao patio conserva os brasóns dos vizcondes de San Alberto, donos da casa. No xardín consérvanse dous hórreos e un pombal circular.

Palabras veciñas

chanceira | Chanceira | chancela | Chancela, Pazo de | Chancelas | chanceler | chancelería