chandarme

chandarme

(< fr gendarme ‘garda’)

  1. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe mariño de corpo estreito e moi alongado, coas aletas dorsal e anal dispostas moi atrás, pertencente ás familias dos belónidos e dos escombresócidos, da orde dos ateriniformes.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe de corpo moi delgado e case cilíndrico, de ata 70 cm de lonxitude. Posúe mandíbulas longas e finas, a inferior moito meirande ca a superior. O dorso presenta unha cor entre azul e verde, e o ventre arxénteo. O esqueleto, que contén fosfatos de ferro, é de cor verde. É unha especie gregaria que forma numerosos bancos e aliméntase de peixes de menor tamaño. Adoita aparecer preto da superficie e, ao ser perseguido polos depredadores, chega a lanzarse fóra da auga. Pertence, ao igual que os peixes voadores, á familia dos exocetoides. Na primavera e no verán achégase ao litoral. É unha especie de interese para a industria conserveira. Tamén recibe o nome de agulla.

  3. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe epipeláxico de corpo comprimido e moi longo, que acada os 45 cm de lonxitude. Presenta dorso azul iridiscente e ventre prateado, a mandíbula inferior un pouco máis longa ca a superior, e entre 5 e 7 pequenas aletas detrás das aletas dorsal e anal. Tamén recibe o nome de alcrique.

Palabras veciñas

chanco | chancro | chándal | chandarme | Chandebrito | Chandella | Chandīgarh