Changsha
Changsha
ou Tch’ang-cha Capital do sheng de Hunan, na rexión Centro-Sur, en China, situada á beira do río Xiang (1.113.212 h [1990]). É un núcleo comercial, cun importante mercado arroceiro. O seu porto fluvial é un centro exportador de té, madeira e metais.