chaparena
chaparena
Nome científico:
[Spondyliosoma cantharus, Fam dos espáridos]
s
f
[ANIMAL/ICT]
Peixe mariño de corpo oval e comprimido que acada os 50 cm de lonxitude. Ten unha cor azulada ou parda con liñas lonxitudinais sinuosas de cor castaña, unha soa aleta dorsal e a aleta caudal escotada, cabeza deprimida por riba dos ollos e dentes pequenos e afiados agrupados na parte dianteira do fociño. É unha especie omnívora, aliméntase tanto de crustáceos como de algas, e vive no litoral rochoso galego en grupos numerosos que se localizan entre os 15 e os 20 m de profundidade.