Chara
Chara
[PROTISTA]
Xénero de algas verdes da familia das caráceas, que viven en augas doces ou salobres. Posúen un talo formado por un eixe de longas células recubertas por un córtex de células alongadas e por ramificacións verticiladas. Emprégase moito na experimentación de fisioloxía celular.