charango*
charango*
s
m
[MÚS]
Instrumento de corda, sen cordal, da familia das guitarras, con catro cordas dobres e a caixa curva. Nos seus países de orixe (Chile, Arxentina, Bolivia e Perú) utilízase, sobre todo, no acompañamento de danzas ou en conxuntos instrumentais. Tamén se emprega como instrumento solista coa adición dunha quinta dobre corda.