charneira
-
s
f
[ZOOL]
Articulación das dúas valvas dos moluscos lamelibranquios, formada tipicamente por dentículos e concavidades que engrenan unha valva coa outra. O número e as dimensións dos dentículos teñen importancia taxonómica. A charneira taxodonte presenta dentículos numerosos e moi parecidos, e a charneira heterodonte ten como máximo tres dentes de dimensións distintas.
-
s
f
[XEOG]
Cambio de sentido nas estruturas pregadas, que se corresponde coa zona de máxima curvatura. Diferéncianse a charneira do anticlinal e a charneira do sinclinal. Só son perceptibles en relevos que non sufriron procesos erosivos notables.
-
s
f
[FILAT]
Pequeno rectángulo de papel transparente engomado que permite adherir os selos ás follas do álbum. Chámase tamén fixaselos e bisagra, pola semellanza do movemento na súa colocación.