Chase Manhattan Bank

Chase Manhattan Bank

Banco comercial constituído en Nova York en 1955 como resultado da fusión do Bank of Manhattan Company (fundado en 1799) e o Chase National Bank (1877), estreitamente ligado á familia Rockefeller desde 1929. A fusión entre o Chase Manhattan Bank e o Chemical Bank orixinou un dos bancos máis importantes dos EE UU. Con presenza en cincuenta países e dotado dunha extensa rede de oficinas, sucursais, bancos afiliados e especialistas financeiros, o seu volume de activos equivale a preto da metade da banca comercial española. É o membro máis importante da Chase Manhattan Corporation (hólding fundado en 1969). O Chase Manhattan Bank España naceu da fusión de tres bancos estranxeiros que actuaban neste país desde 1979: Manufacturers Hanover Trust, Chemical Bank e Chase Manhattan Bank.

Palabras veciñas

chaschás | 1 chasco | 2 chasco | Chase Manhattan Bank | Chase, Charlie | Chase, James Hadley | Chase, Lucia