chaveiro -ra
(< chave)
-
s
Persoa que ten ao seu cargo as chaves dun lugar, especialmente dunha corporación ou da caixa onde se gardaban os cartos comunais.
-
s
m
Argola ou aro onde se levan as chaves. Ex: O chaveiro serve moitas veces de axóuxere para que paren de chorar os meniños.
Ex: O chaveiro serve moitas veces de axóuxere para que paren de chorar os meniños.
-
s
m
Moble que serve para gardar as chaves. Ex: Non te esquezas de gardar as chaves no chaveiro que as vas perder!
Ex: Non te esquezas de gardar as chaves no chaveiro que as vas perder!
-
s
f
[PLANTA]
Herbácea perenne do xénero Helleborus, da familia das ranunculáceas. De ata 80 cm de altura, presenta follas dixitadas, con flores de gran tamaño, que acadan os 30 mm de diámetro, de sépalos semellantes a pétalos. Os seus pétalos aparecen transformados en nectarios tubulares e bilabiados. Os carpelos dan lugar a folículos con moitas sementes que se abren na parte superior cando madurecen. En Galicia están presentes as especies: H. foetidus, en bosques e lugares rochosos, e H. viridis, en bosques húmidos pouco mestos do leste.