Chaves
Chaves
-
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nos topónimos homónimos. Procede do ablativo latino (aquis) flaviis ‘augas flavias’. Este apelido é máis frecuente en Portugal ca en Galicia.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural da vila portuguesa de Chaves que se asentou en cidades como Trujillo ou Ciudad Rodrigo. A rama galega leva, en campo de goles, cinco chaves de ouro, dereitas e postas en aspa. Outra variante trae, en campo de goles, cinco chaves de prata, arrimadas e postas en aspa; bordo de ouro, con oito aspas de goles. Outros ostentan, en campo de ouro, cinco chaves de azul.