cheddar*

cheddar*
s m [ALIM]

Queixo de leite de vaca, graxo, de pasta prensada semidura e de codia seca, orixinario da localidade de Cheddar, en Somerset (Inglaterra). A súa elaboración caracterízase por un particular proceso de acidificación da masa denominado cheddarización. Famoso xa no s XVII, fabrícase en pezas de ata 28 kg, que tradicionalmente se maduraban de nove meses a dous anos, aínda que nos queixos industriais elaborados con leite pasteurizado se consegue reducir a dous meses. Segundo o tempo de curación, pasa de ser suave a moi forte. Prodúcese, ademais de Inglaterra, en numerosos países do mundo (destacan os norteamericanos, os franceses e os canadenses). Emprégase para fundir, facer salsas, en ensaladas e noutras preparacións.