cheísmo
cheísmo
(< 2 che)
s
m
[LING]
Fenómeno lingüístico da lingua galega que consiste na ausencia do pronome átono te para a función de complemento directo (Ex: Vinte onte na festa) e no uso da forma che para esa función sintáctica (Ex: Vinche onte na festa) amais das súas funcións habituais, como complemento indirecto (Ex: Collinche o lapis) ou como pronome de solidariedade (Ex: Non che quero saber nada dese asunto). É un fenómeno dialectal restrinxido ao litoral noroccidental, aínda que se mantén a forma te como reflexiva (Ex: Cálmate e non *Cálmache), e tamén se pode rexistrar no galego dos Ancares de León en diferentes contextos.