cheminea

cheminea

(< fr cheminée < lat vcaminata < lat caminu)

  1. s f

    Conduto instalado en edificacións, barcos ou noutras construcións que dirixe o fume procedente de cociñas, fornos ou máquinas cara ao exterior.

    Ex: No tellado do pazo hai catro chemineas.

    Sinónimos: chaminea.
    1. s f

      Oco na parede dun cuarto no que se fai lume para quentarse e que bota o fume ao exterior mediante un conduto.

      Ex: Se tedes frío acendemos a cheminea.

      Sinónimos: chaminea.
    2. cheminea francesa

      Cheminea con marco e repisa na parte superior.

  2. s f [XEOG]

    Conduto na codia terrestre, en concreto en edificios volcánicos, a través do que saen ao exterior materiais procedentes do magma.

    Sinónimos: chaminea.

Frases feitas

  • Andar mal da cheminea. Ter pouco xuízo.

Formas incorrectas

chimenea

Refráns

  • Casa sen cheminea, ou de muller pobre ou erma.
  • Cheminea nova logo se afuma.