cheo -a

cheo -a

(

  1. adx

    Que ten a súa capacidade totalmente ocupada.

    Ex: Cando chegamos, o bar estaba cheo de xente. O vaso estaba cheo de leite.

  2. adx

    Que ten moita cantidade dalgunha cousa. Ex: Ten a casa chea de gatos. Ten o vestido cheo de lama.

    Ex: Ten a casa chea de gatos. Ten o vestido cheo de lama.

  3. adx

    Que comeu ou bebeu abondo ou en exceso.

    Ex: Despois de tomar o cocido do Cebreiro quedamos cheos. Viña tan cheo do bar que case non podía falar.

  4. adx

    Que está cansado de soportar unha situación determinada.

    Ex: Estou chea de ter que esperar sempre media hora por el.

  5. adx [HERÁLD]

    Aplícase ao escudo ou á figura que, en dous tercios do seu largo, ten esmalte distinto do do campo.

Frases feitas

  • Cheo de si. Fachendoso.

  • De cheo. Por completo.