chiarismo*

chiarismo*
s m [PINT]

Movemento pictórico italiano fundado en 1929 polo crítico Eduardo Persico. Os seus membros propuñan abandonar as tonalidades escuras e sombrías a prol das brancas. Buscaban a creación dunha pintura intimista na que predominara o aplanamento primitivo das formas. Entre os seus membros están Lillioni, De Rocchi e Alfieri.

Palabras veciñas

chiar | Chiari, Pietro | Chiarini, Luigi | chiarismo* | Chiasmodon | Chiavari | Chiaveri, Gaetano