chifre
chifre
(
s
m
Instrumento que emite un son agudo cando se sopra nel. Usábano frecuentemente os capadores e os afiadores para anunciar a súa presenza cando chegaban a unha vila ou aldea. Está formado por varios tubos de diferente lonxitude unidos e furados no extremo superior e tócase pasando o labio inferior por eles de esquerda a dereita e viceversa, á vez que se sopra.