chile

chile

(< náhuatl chilli ‘pemento’)

s m [BOT/ALIM]

ariedade de pemento, pequeno e alongado, e en forma de corno. O seu picante débese ao seu alto contido en capsaicina. Emprégase moito como condimento, seco ou en po, tanto o das variedades correntes na Península Ibérica como noutras cultivadas na América tropical (como as de Caiena ou de Tabasco) e as cultivadas no subcontinente indio; entran na composición de moitos pratos e salsas típicos, entre os que destacan as enchiladas (tortas de millo enchidas, aderezadas con chile) e o chilmole (guiso protagonizado por estes pementos). O chile ten propiedades estimulantes da dixestión e carminativas. En forma de tintura emprégase como rubefaciente, contra dores reumáticas e contracturas musculares, etc. Ás veces úsase a planta como ornamental.