Chimes at Midnight
Chimes at Midnight
Nome científico:
[Badaladas a medianoite]
[IMAX]
Produción cinematográfica hispano-suíza realizada en 1965. Foi dirixida por Orson Welles e interpretada por Keith Baxter, John Gielgud, Jeanne Moreau, Margaret Rutherford, Fernando Rey e o propio director. Trátase da historia do príncipe Hal, que se move en dous ambientes moi distintos: a corte e unha taberna. Na taberna sir John Falstaff amósalle a cara máis divertida da vida, en oposición á corte. Despois da morte de Falstaff, Hal convértese no Rei Enrique IV. Orson Welles adaptou distintos fragmentos de obras de Shakespeare para esta película.