chinoiserie*
Adaptación dos temas chineses con intencións decorativas, moi habitual na arte europea, sobre todo no s XVIII. O gusto chinés introducírono as compañías de Indias orientais que traían os produtos a Europa. Reducíanse a unha recreación occidentalizada de formas, temas e motivos decorativos orixinariamente chinos, sobre todo no campo das artes menores, como a porcelana de Delft e a tapicería dos Gobelinos, segundo os debuxos de Boucherm. Tamén se amosou na arquitectura, na construción de xardíns ingleses e pagodes, como a do parque de Nymphenburg e outras construcións como a casa do té en Postdam (1754-1757), o pavillón de Drottningholm en Suecia (1763-1769), e a Palazzina a Favorita en Palermo (1799). No eido da pintura estes motivos empregounos Watteau na serie de Figures chinoises et tartares (Figuras chinesas e tártaras, 1710?) e Boucher no libro Livre des Chinois (Libro dos chineses), que recollía os decorados para o ballet de Noverre Les Fêtes Chinoises.