choia

choia

(

  1. [ANIMAL/ORNIT]
    1. s f

      Ave do xénero Pyrrhocorax da familia dos córvidos, de plumaxe negra e peteiro longo e coloreado. As súas alas anchas e palmeadas cúrvanse cara a arriba nos voos boiantes e acrobáticos que realiza nas fortes correntes propias dos medios onde vive. Cando está no chan é capaz de andar, ademais de dar os pequenos brincos característicos dos paxaros. Aliméntanse de gasterópodos, insectos e vermes. Aniñan en rochedos e cantís en parellas illadas ou formando colonias. Son sedentarias pero realizan desprazamentos de importancia para alimentarse. As choias están presentes en Europa, Asia, Australia e no extremo N de África.

    2. choia biquiamarela [cast: chova piquigualda; ingl: alpine chough] [Pyrrocorax graculus, Fam dos córvidos]

      Choia de 38 cm de lonxitude, co peteiro de cor amarela clara. Presenta unha distribución paleártica en zonas alpinas e subalpinas. Na Península Ibérica está presente nos Pireneos e na Cordilleira Cantábrica (na metade occidental aparece pouco e non chega a Galicia).

    3. choia biquivermella [port: gralha-de-bico-vermelho; cast: chova piquirroja; ingl: chough] [Pyrrhocorax pyrrhocorax, Fam dos córvidos]

      Choia de 39 cm de lonxitude, con peteiro fino e longo de cor vermella intensa nos adultos e amarela nos animais novos. Está presente en cantís costeiros e zonas montañosas de Asia central, Grecia, Creta, os Alpes e os Apeninos, Irlanda, Gales, as illas escocesas, o Atlas e a illa de La Palma. Na Península Ibérica distribúese especialmente na metade oriental en cantís calcarios. Precisa da combinación de acantilados onde aniñar e de pradeiras de gando onde alimentarse. A especie atópase en regresión por mor dos cambios nos usos tradicionais do agro.

  2. s f

    Nome que reciben outros córvidos, especialmente o corvo común.

  3. s f

    Muller que murmura e critica.

Palabras veciñas

chofer | chofre | Chōfu | choia | choiar | Choibalsan, Jarlogui | choído -da