Chondrilla
Chondrilla
[PLANTA]
Xénero de herbáceas da familia das asteráceas. Posúe follas en roseta basal, capítulos de flores liguladas de cor amarela e froitos en aquenio cun anel de escamas sobre o bico. En Galicia está presente a especie C. juncea, en espacios abertos e áridos da metade oriental do país.