2 choqueiro -ra
(
-
adx
Aplícase ao animal que leva unha choca.
Ex: O carneiro choqueiro sempre vai diante das ovellas.
-
adx
Que fai rir.
-
adx
Que non se preocupa polo aspecto físico.
-
s
m
-
[ETN/HIST]
Máscara do entroido galego. Segundo algúns investigadores, como Vicente Risco, todas as máscaras proceden de vellos cultos totémicos de asociacións secretas prehistóricas. Para Bouza Brey serían pervivencias de cerimonias máxicas ancestrais, das que o pobo aínda conserva oculto no subconsciente unha lembranza de respecto e temor. Julio Caro Baroja coidaba que as orixes había que buscalas nas Festas Lupercais romanas (o quince de febreiro), que se realizaban para preservar o gando do lobo (de aí a exaltación da masculinidade e o emprego da violencia). Non obstante , González Reboredo considera que estas máscaras se explican perfectamente no cadro do cristianismo: a máscara é a parte animal e pecaminosa do home, o demo voluptuoso, e por esta razón vístese con peles. O nome do choqueiro procede dos chocallos (chocas) que leva colgados do cinto do seu traxe. No dicionario de Eladio Rodríguez (1958) explícase que o choqueiro era unha máscara zarrapastrosa con anteface de pel de coello, que levaba na man unha vara da que penduraba un chourizo (figo ou lambetada), que os meniños pretendían coller.
-
Persoa disfrazada con calquera roupa que oculta a face cunha carauta.
-
[ETN/HIST]
-
s
m
Terreo moi húmido no que nace a herba.