choquiño
(
-
s
m
[ANIMAL]
Cefalópodo pertencente ás especies do xénero Sepia que non sobrepasan os 10 cm de lonxitude. Ten o corpo ovado e comprimido, con dúas aletas marxinais que o percorren; ao redor da boca presentan oito brazos, con catro fileiras de ventosas, e dous tentáculos moito máis longos, retráctiles que rematan nunha zona máis ancha. En Galicia están presentes as especies: S. elegans, especie costeira, de ata 8 cm de lonxitude, con cuncha interna e cunha pequena espiña apical; e S. orbignyana, de ata 10 cm de lonxitude, e cuncha interna cunha grande espiña apical que sobresae do corpo. É unha especie que vive na plataforma continental galega entre os 80 e 250 m de profundidade, sen achegarse á costa.
-
s
m
[ANIMAL]
Cefalópodo de ata 5 cm de lonxitude, de corpo arredondado, con dúas aletas circulares, unha cuncha interna reducida e de natureza quitinosa, brazos curtos e tentáculos retráctiles e de hábitos bentónicos ou peláxicos. Nas costas galegas están presentes as especies: Rondeletiola minor, Rossia macrosoma, Sepiola atlantica e Sepieta oweniana.