Chorexe, pazo de
Chorexe, pazo de
Conxunto nobre situado en Santa María de Pidre (Palas de Rei). A súa construción relaciónase con Alonso Vázquez Varela e Margarita Méndez, fundadores do morgado de Chorente no s XVII. A primitiva construción estaba formada por unha vivenda e unha torre. O conxunto conservado está dominado por unha monumental cheminea. A capela, trasladada en 1820 do seu lugar primitivo, conserva no seu interior un retablo barroco dedicado a san Sebastián.