chosco -ca

chosco -ca
  1. adx e s

    Aplícase a quen lle falta un dos ollos ou a quen non ve por un ollo.

    Ex: A raíz do accidente laboral perdeu o ollo e quedou chosco. Veu acompañado dun chosco cun ollo de vidro. Ó final do conto descóbrese que o pirata co ollo tapado non é chosco.

  2. adx

    Que non ten boa vista nun ollo ou nos dous.

    Ex: Telo diante dos ollos, se non o ves é que quedaches chosco.

Frases feitas

  • Pedro chosco. Personaxe infantil que representa o sono.

Palabras veciñas

chorus* | Chorzów | choscar | chosco -ca | choscu* | chosque | chosque blancuzo