"Éaco" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PUNTA

    Punta situada na beira oriental da Ría de Aldán, parroquia de Aldán, Cangas do Morrazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Benxamín Disraeli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de obtención industrial de cloro por oxidación de ácido clorhídrico con aire mediante o uso de catalizadores como sales de cobre, ferro ou outros metais. Descubriuno o químico británico Henry Deacon (1822-1876) no ano 1861.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor galés. Estudiou no Somerset College of Art de Taunton (1968), na St. Martin’s School of Art de Londres (1970-1973) e no Royal College of Art (1974-1977). Empregou materiais industriais, como o aceiro ou a madeira laminada. Preocupado pola linguaxe, as súas obras evocan os órganos da percepcións. Entre outras mostras participou na Documenta IX de Kassel (1992). En 1987 recibiu o Premio Turner.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Zeus e da ninfa Exina. Desexoso de ter un pobo sobre o que reinar, conseguiu que Zeus convertese en homes os milleiros de formigas que poboaban a illa de Enone; a este novo pobo deulle o nome de mirmidóns (μύρμηκες ‘formigas’). Casou coa filla de Escirón, Endeis, coa que tivo dous fillos, Telamón e Peleo. Logo uniuse á filla de Nereo, Psámate, e tivo a Foco, que destacaría como un grande atleta. Precisamente, foi esta virtude a que espertaría os celos dos seus irmáns, que acabarían por matalo. Como castigo, Éaco, que pasa por ser o máis piadoso de todos os gregos, desterrou os seus fillos da illa. Segundo algunha lenda, participou na construción da muralla de Troia xunto con Apolo e Posidón. Trala súa morte, foi nomeado xuíz do Hades e ocupábase de xulgar as almas dos mortos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Autor de The Four Ages of Poetry (1821), imitada polo seu amigo P. B. Shelley en Defense of Poetry (1821), afondou na poesía con Melincourt (1817). Da súa extensa obra destaca a produción novelesca, onde se xuntan épocas e estilos diferentes, desde o humor de Sir Proteus: a Satirical Ballad (1814) ou a sátira poética de Headlong Hall (1816), ata o romanticismo de Maid Marian (1822).

    VER O DETALLE DO TERMO