"AMS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 90.
-
PERSOEIRO
Novelista sudafricano en lingua inglesa. A súa obra denuncia os conflitos raciais no seu país. Ademais de Tell freedom (Berra liberdade, 1954), que lle deu fama, é autor de Mine boy (O mozo mineiro, 1946), A wreath for Udomo (Unha coroa para Udomo, 1956) e This Island Now (Esta illa, agora, 1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dor viva provocada no paciente afectado de litiase biliar, ao premer nun punto do abdome equidistante do embigo e da novena cartilaxe costal dereita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método para determinar a plasticidade do formigón medindo a deformación baixo a influencia do seu propio peso.
-
PERSOEIRO
Músico, escritor, profesor e fotógrafo norteamericano. No ano 1932 formou con Edwar Weston e outros o Grupo f64, que tomaba o seu nome da abertura mínima das cámaras daquel tempo, e dirixiu un curso de fotografía na Escola de Belas Artes de San Francisco dende a posguerra da Segunda Guerra Mundial. Fotógrafo da natureza, realista, tratou as súas realizacións polo chamado sistema de zonas. Tiraba do enmarque toda a significación plástica e emocional valorando todos os planos da imaxe xa na fase de negativo. Para as copias empregou un sistema propio chamado heliotipo de tons medios xunto con cores especiais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibe o dióxido de platino (PtO2).
-
PERSOEIRO
Diplomático norteamericano fillo de John Quincy Adams. Destacou na campaña antiescravista e foi fundador do Partido Republicano. Foi embaixador en Londres (1861-1868) e representante dos EE UU na arbitraxe internacional da cuestión de Alabama (1882). Publicou Life and Works (Vida e obra, 1850-1856) de John Adams e unha parte do diario do seu pai (1874-1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político irlandés. Activista político dende o ano 1969. Apresado en marzo de 1972, as autoridades británicas liberárono para que encabezase unha delegación do IRA a Londres no mes de xullo dese mesmo ano. Volveu ser feito prisioneiro en 1973, pero deu escapado e cruzou a fronteira cara á República de Irlanda. Vicepresidente do Sinn Fein entre 1978 e 1983, accedeu á presidencia nese ano. Deputado do Sinn Fein dende 1984 ata 1992. Ao comezo da década dos noventa converteuse no principal negociador dos católicos norirlandeses. Estableceu contactos entre o ano 1992 e 1994 con John Hume, líder do Partido Socialdemócrata e Laborista de Irlanda do Norte, logrando o primeiro cesamento das armas do IRA en vinte anos, o 31 de agosto de 1994. Malia que o IRA rompeu a tregua en febreiro de 1996, as conversas para a paz reanudáronse en setembro de 1997, alentadas por Tony Blair, Primeiro Ministro británico dende maio dese ano, que implicou nas negociacións a Bill Clinton e Bertie Ahern. En marzo de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo, educador e pedagogo escocés. Impulsou as concepcións da pedagoxía activa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra norteamericano. Autor de numerosas obras para orquestra, Christian Zeal and Activity (Christian Zeal e Activity, 1973) e das óperas Nixon in China (Nixon en China) e The Death of Klinghoffer (A morte de Klinghoffer, 1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista norteamericano. No 1755 graduouse en Dereito. Foi deputado por Massachussetts, redactou a Declaración de Dereitos (Bill of Rights) deste estado e dirixiu a protesta contra a Stamp Act (1765). Uniuse aos radicais e foi delegado no Primeiro Congreso Continental de Filadelfia (1774). Participou na redacción da Declaración de Independencia. Realizou misións diplomáticas en Francia (1778, 1780) e interveu nas negociacións do tratado de paz co Reino Unido do 1783. Foi o primeiro Embaixador norteamericano na Gran Bretaña (1785). O Partido Federalista conduciuno á Vicepresidencia (1789-93 e 1793-96) e á Presidencia (1797-1801) dos EE UU. Mantivo unha guerra encuberta con Francia á que puxo fin o tratado de 1800. Nas eleccións do 1800 foi derrotado por Jefferson. Publicou Defence of the Constitution of the United States (Defensa da Constitución dos Estados Unidos, 1787).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo. No 1845, simultánea pero independentemente de Le Verrier, demostrou matematicamente a existencia do planeta Neptuno; así mesmo, estudiou as irregularidades da órbita de Urano, o magnetismo terrestre, as Leínidas e o movemento secular medio da Lúa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Estadista norteamericano, fillo de John Adams. Graduado en Leis (1790), Embaixador na Haia e en Berlín contra o 1800, senador (1803-1808) e Embaixador en San Petersburgo (1809-1811) e en Londres (1815-1817). O Presidente Monroe nomeouno Secretario de Estado (1817-1825) e foi o teórico da denominada doutrina Monroe. A adquisición de Florida (1819) e de Luisiana e o recoñecemento da independencia das antigas colonias españolas (1822) foron os froitos do seu panamericanismo. Destacado abolicionita, o Partido Demócrata levouno á presidencia dos EE UU (1825-1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico irlandés. Describiu, xunto con William Stokes, unha forma característica de bradicardia, a síndrome de Stokes-Adams.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico norteamericano. Traballou no campo da química orgánica. Coñecido, sobre todo, polo catalizador que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense, un dos promotores da independencia das Trece Colonias. Foi Gobernador de Massachussetts (1794-1797).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo. Desenvolveu a espectroscopia estelar e demostrou que a temperatura das manchas solares era inferior á do disco; así mesmo, determinou as magnitudes absolutas de diversas estrelas e estudiou as atmosferas de Marte e de Venus.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante inglés. Estivo ao servizo dos holandeses, pero ao ser feito prisioneiro en Kyūshū converteuse en conselleiro do shōgun Ieyasu, organizando expedicións por conta do Xapón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome de Stokes-Adams.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axente químico agresivo. É un sólido de cor amarela viva, moi velenoso, irritante da pel e das vías respiratorias, insoluble en auga e facilmente sublimable. Debido a que os seus efectos son temporais e non teñen consecuencias posteriores, a policia emprégano como material antidisturbios en forma de fume, a miúdo mesturado con gases lacrimóxenos.
-
PERSOEIRO
Químico e fotógrafo escocés. Colaborou co pintor David Octavius Hill no que se considerou o primeiro obradoiro fotográfico en Escocia, especializado en retratos segundo o procedemento da calitipia.
VER O DETALLE DO TERMO