Adams, Ansel

Adams, Ansel

Músico, escritor, profesor e fotógrafo norteamericano. No ano 1932 formou con Edwar Weston e outros o Grupo f64, que tomaba o seu nome da abertura mínima das cámaras daquel tempo, e dirixiu un curso de fotografía na Escola de Belas Artes de San Francisco dende a posguerra da Segunda Guerra Mundial. Fotógrafo da natureza, realista, tratou as súas realizacións polo chamado sistema de zonas. Tiraba do enmarque toda a significación plástica e emocional valorando todos os planos da imaxe xa na fase de negativo. Para as copias empregou un sistema propio chamado heliotipo de tons medios xunto con cores especiais.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : San Francisco

  • Deceso

    Lugar : Monterrey