Adams, Gerry
Político irlandés. Activista político dende o ano 1969. Apresado en marzo de 1972, as autoridades británicas liberárono para que encabezase unha delegación do IRA a Londres no mes de xullo dese mesmo ano. Volveu ser feito prisioneiro en 1973, pero deu escapado e cruzou a fronteira cara á República de Irlanda. Vicepresidente do Sinn Fein entre 1978 e 1983, accedeu á presidencia nese ano. Deputado do Sinn Fein dende 1984 ata 1992. Ao comezo da década dos noventa converteuse no principal negociador dos católicos norirlandeses. Estableceu contactos entre o ano 1992 e 1994 con John Hume, líder do Partido Socialdemócrata e Laborista de Irlanda do Norte, logrando o primeiro cesamento das armas do IRA en vinte anos, o 31 de agosto de 1994. Malia que o IRA rompeu a tregua en febreiro de 1996, as conversas para a paz reanudáronse en setembro de 1997, alentadas por Tony Blair, Primeiro Ministro británico dende maio dese ano, que implicou nas negociacións a Bill Clinton e Bertie Ahern. En marzo de 1998 Gerry Adams foi recibido no 10 de Downing Street por Tony Blair, o que acelerou o proceso de negociacións que remataron co acordo de paz do 10 de abril de 1998.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Belfast