"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • RIOS

    Río de Suíza, emisario do lago Grimsel (1.879 m alt) nos Alpes (295 km de lonxitude e 17.600 km2 de conca). O sector superior, glacial, principia co val en artesa de Hasli, atravesa os lagos de Thun e de Brienz e pasa polas cidades de Interlaken e Berna. Crecido logo da afluencia do Simme, é navegable dende Thun cara a abaixo. Conflúe co Rin augas abaixo de Coblenza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta dinamarqués romántico. A súa obra, editada postumamente en 1877 por Ch. Winther, Samlede Digte (Poesías completas), manifesta un gran dominio da lingua e revélao como gran poeta erótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de pesca que se emprega no xeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador e tradutor. Coñécense as súas edicións: Infierno e Iluminaciones, de Arthur Rimbaud, Alcoholes, de Guillaume Apollinaire e La heredad de las palabras, de Claude Esteban. Como poeta, ten publicado: Umbral del centinela, La piel iluminada, Identidades e Diez motivos para un obsequio. Como narrador publicou: Las aventuras de Nunnavut, la niña esquimal: El nacimiento de Nunnavut, Un día de caza, El caribú enamorado. Traduciu tamén biografías de Carson McCullers, Dylan Thomas, Artemisia Gentileschi e Cesária Évora, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Macizo antigo, tipo penichaira e coroado con manifestacións volcánicas, de 3.994 m situado no flanco oriental do Rift Valley, en Kenia. Está declarado Parque Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo e teólogo, discípulo e sucesor de Eusebio de Cesárea (340-366). Defendeu un arrianismo extremo polo que foi deposto (343). Propuxo a fórmula homoiúsios (‘o fillo é só semellante ao Pai’) aceptada nos sínodos de Seleucia (359) e Constantinopla (360). O Emperador Xoviano obrigouno a asinar o Credo de Nicea (363), pero achegado novamente ao arrianismo puro foi deposto por segunda vez (365). Escribiu comentarios ao Eclesiastés e a outros libros bíblicos, dos que só se conservan fragmentos. Un grupo de teólogos seguidores seus denomináronse acacianos durante algún tempo (357-361).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que reciben as esponxas non calcarias, que corresponden á clase das demosponxas e das hexactinélidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Acapulco Cidade do estado de Guerrero, México, nos contrafortes da Sierra Madre do Sur, na ribeira da baía de Acapulco (592.187 h [1990]). Punto de orixe da antiga navegación colonial entre Nova España e as Filipinas, é actualmente un gran centro turístico internacional e unha praza comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poñer a falar xuntas a dúas ou máis persoas que fan afirmacións contraditorias, co fin de averiguar a verdade dun feito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración xudicial de dúas ou máis persoas nun proceso penal, feita simultaneamente e en presenza mutua, co fin de aclarar entre eles as contradicións das súas anteriores declaracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deusa telúrica itálica protectora das colleitas. Semella que o seu atributo de prostituta (lupa) deu orixe á lenda da loba que aleitou a Rómulo e Remo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desaparecer as nubes ou a néboa do ceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía na percepción das sensacións (parestesia) que se manifesta nas extremidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de pintura de cores transparentes, acadados pola disolución dos pigmentos en auga e goma arábiga. A transparencia das capas de pintura, da que depende a intensidade da cor, impide a corrección da pincelada, o que converte a acuarela nunha técnica de carácter moi espontáneo. Na Idade Media empregábase unha técnica semellante na ilustración dos manuscritos. Posteriormente, na Alemaña, pintores como Durero e Holbein utilizárona para dar unha nota de cor aos seus debuxos. A implantación definitiva chegou coa escola paisaxística inglesa dos ss XVIII e XIX (Girtin, Cotman, Turner, Constable, Bonington e outros) e máis tarde foi adoptada polo impresionismo francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O que pinta acuarelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo territorio francés na África Oriental. Nome da República de Xibutí do 1967 ao 1977, ano en que acadou a independencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego, mencionado nos Livros de Linhagens por mor do casamento de seus pais, Soeiro Ares e Maria Afonso, filla ilexítima de Afonso IX de León. Participou, xunto co seu irmán Pero Soarez, na conquista de Sevilla, sendo ambos os dous beneficiados no Repartimiento de Sevilla de 1248. Estes datos fan supoñer que desenvolvería a súa actividade poética no segundo cuarto do s XIII. Non obstante , a súa mención en 1262 no testamento da súa muller Teresa Anes de Deza, no que pide ser enterrada no mosteiro de Santa María de Aciveiro (Forcarei), demostran que aínda estaría activo neste ano. A produción deste trobador consta unicamente do escarnio persoal “Poren Tareija Lópiz non quer Pero Marinho”, conservado no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. A alusión a Tareija Lópiz e a Pero Marinho, personaxes que mantiveron relacións cos Sarraças no século XIII, seguen corroborando o período de actividade que se ten establecido....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos árabes en canto descendentes de Agar a través do seu fillo Ismael (ismaelitas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe   oriúnda dos arredores de Bembibre, no Bierzo. Este apelido composto formouse ao entroncaren os Álvarez coa antiga caste dos Aguado. As súas armas levan, en campo de sinople, tres bandas de ouro; bordo cargado de dez pezas: cinco de goles, cunha aspa de ouro e cinco de prata, cun armiño de sable. Por divisa, reza esta lenda: “Soy un perro que royó un hueso, y royéndolo, recibo reposo. Tiempo vendrá, si no es venido, que morderé a quien me ha mordido”.

    VER O DETALLE DO TERMO