"Abelardo" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • Etimoloxicamente este antropónimo deriva de Eberardo, nome composto de ebar ‘príncipe’ e hard ‘valente’, que mudou a súa forma debido probablemente á confluencia con Abel. Carece de santo patrón pero o seu uso como nome espallouse a partir do s XIII por mor da sona acadada polo teólogo bretón Pedro Abelardo, amante tráxico de Eloísa. A festa de Abelardo, coma a de Abel, celébrase o 28 de decembro. Na tradición oral recóllense cantigas como: Como che vai, Abelardo, / como che vai, meu amor? / -Desde que ti me deixaches / vaime de mal en peor (trad. oral).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e teólogo. Coa obra Sic et non (Si e non, 1122) destaca o método escolástico. Hai quen mantén que só lle deu ampla difusión á contraposición das autoridades patrísticas logo da reflexión propia. Filosoficamente, dentro da cuestión dos universais, adoitou un conceptualismo moderado e por momentos pouco preciso, segundo o cal a universalidade non é senón unha función lóxica de determinadas palabras. Introduciu na análise lóxica o concepto de conveniencia co que estableceu que predicar algo dunha multiplicidade é unha función que exercen os vocábulos, os cales conveñen con varias entidades. Dentro da ética falou da distinción entre o delito e o pecado, aludindo á intención como fundamento da bondade ou maldade, sen embargo, impuxo xulgar a maldade segundo o acto e non segundo o espírito con que é executada. Bernaldo de Claraval combateu as ideas de Abelardo e algunhas das súas teses foron condenadas nos Concilios de Soissons (1121) e de Sens (1140). Autor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Fillo de emigrantes santanderinos, chegou a Vigo en 1921 pensionado polo goberno cubano. En 1922 realizou a súa primeira exposición en Vigo, posteriormente expuxo en España e Cuba. Foi fundamentalmente un paisaxista, nas súas obras empregou unha técnica tendente ao impresionismo. Retirouse da pintura en 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abelardo Fernández Correa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Toledo. Residiu dende 1948 en Mallorca e realizou numerosas exposicións nas Illes Balears. Destacan, entre outros, os murais que fixo para entidades turísticas e hostaleiras de Mallorca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Veterinario. En 1903 obtivo a cátedra de Patoloxía Médica e Terapéutica da Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela e en 1921 a de Histoloxía na de Madrid. Deseñou un aparato para proxectar as preparacións con obxectivo de inmersión, co que se obtiñan unhas imaxes de calidade suficiente, que utilizou nas súas clases. Descubriu un método de tinguidura histolóxica específico para determinadas estruturas como as fibras elásticas ou os bacilos de Koch. Realizou tamén traballos sobre histoloxía normal e patolóxica de diversas enfermidades de animais domésticos e sobre o cancro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guerrilleiro de ideoloxía anarquista. Xastre de profesión, o seu pai foi fusilado nos primeiros días da Guerra Civil Española. Foi un dos fundadores da Federación de Guerrillas de León-Galicia, en 1942. Entre 1943-1945 enlazou coa dirección da CRG, compartindo cos militantes socialistas M. Castro Tellado e A. Fernández Crespo, Fuenteoliva, a creación da III Agrupación de guerrillas da Federación, operativa entre Os Ancares e Valdeorras. En 1946 colaborou con J. Castro Veiga, o Piloto, formando parte dun grupo voante do pro-comunista Ejército Guerrillero de Galicia. Descontento coa disciplina militar aplicada polo PCE e desenganado da eficacia da loita armada, contactou coa CNT para pasar a Francia a mediados de 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Un dous representantes mais emblemáticos da pintura identitaria galega, foi un pintor singular e extraordinariamente prolífico que adicou a súa vida á proxección pictórica de Galicia e as súas xentes. Excepcionalmente dotado para a arte, sendo aínda un neno gañou pola súa técnica bolsas na Escola de Artes de A Coruña, e na senlleira Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid e mais tarde ampliou estudos en Italia, Francia e Países Baixos. Durante a década dos 50 e 60 expuxo en numerosas ocasións en salas de Galicia, España, Portugal, Cuba… e todas as súas exposicións levaban o nome de Xentes e Cousas de Mar así como todos os títulos das súas obras eran en galego,algo pouco habitual nos pintores da época, e sempre o acompañou un abraiante éxito de crítica e público. Anque refuxia a asistencia a certames e premios en 1961 coma motivo da celebración da Feira do Mar, obtivo ou primeiro premio pola decoración mural do pavillón de Vigo, e unha primeira medalla co óleo “Os rapaces”....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Foi catedrático de Lingua e Literatura Latinas na Universidade de Santiago de Compostela. Ocupou o cargo de vicereitor da Universidade de Santiago de Compostela (1945-1952, 1966-1968) e vicedirector da facultade de Filosofía e Letras de Santiago e do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Destacan os seus traballos sobre toponimia galega que nun principio foron publicados nas revistas Verba e Cuadernos de Estudios Gallegos e, posteriormente, recompilados no libro Toponimia gallega y leonesa (1977). Tamén publicou Los Nombres propios personales con referencia a los españoles principalmente: discurso leído en la solemne inauguración del curso académico de 1933 a 1934 en la Universidad Literaria de Santiago (1934) e Orígenes de la literatura latina (1965). Ademais realizou numerosas traducións, entre as que destaca a do Liber Sancti Jacobi. Codex Calixtinus (1951), en colaboración, a de El mundo maravilloso del lenguaje: problemas, métodos y resultados de la lingüística moderna...

    VER O DETALLE DO TERMO