López Leira, Abelardo Miguel

López Leira, Abelardo Miguel

Pintor. Un dous representantes mais emblemáticos da pintura identitaria galega, foi un pintor singular e extraordinariamente prolífico que adicou a súa vida á proxección pictórica de Galicia e as súas xentes. Excepcionalmente dotado para a arte, sendo aínda un neno gañou pola súa técnica bolsas na Escola de Artes de A Coruña, e na senlleira Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid e mais tarde ampliou estudos en Italia, Francia e Países Baixos. Durante a década dos 50 e 60 expuxo en numerosas ocasións en salas de Galicia, España, Portugal, Cuba… e todas as súas exposicións levaban o nome de Xentes e Cousas de Mar así como todos os títulos das súas obras eran en galego,algo pouco habitual nos pintores da época, e sempre o acompañou un abraiante éxito de crítica e público. Anque refuxia a asistencia a certames e premios en 1961 coma motivo da celebración da Feira do Mar, obtivo ou primeiro premio pola decoración mural do pavillón de Vigo, e unha primeira medalla co óleo “Os rapaces”. En 1972 danlle a primeira medalla na exposición Cara ao mar de Ferrol e en 1974 o premio da Sociedade artística ferrolán. En 1975 e elixido por Chamoso Lamas Delegado de Bellas Artes. A partir destas datas recluese na súa vila natal, mais seguirá pintando ata súa morte en 1991. Extraordinario debuxante e corista arrebatador, o seu estilo completamente persoal pode considerarse postimpresionista, aínda que sempre estea presente o peso da tradición e os clásicos. Mais o gran valor de Abelardo como artista é a posesión dun idiolecto estético, un selo persoal que fai as súas obras completamente inconfundibles. Abelardo Miguel foi coñecido polas súas fermosas pinturas de mariñeiros e as súas emblemáticas peixeiras que aparecen nas súas obras coa dignidade de heroínas clásicas, mais os seus bodegóns de terra e mar convertéronlle sen lugar a dúbidas no mellor bodegonista galego do século XX. Tamén pintou paisaxes de lirismo cegante, e feirons agroganadeiros de máxica captación ambiental. En pintura mural destaca a decoración da Cooperativa Santa María de Castro, en Narón (A Coruña) cun asombroso programa mitolóxico que converterase en un dos proxectos mais cobizosos e significativos do pintor eumés, murais descobertos en 2006 pola súa biógrafa María Fidalgo. É significativo, á hora da reivindicación da figura do pintor eumés, incidir tamén no alto valor etnográfico e antropolóxico das pinturas das súas pinturas, ao ter sido testemuña cos seus pinceis dunha sociedade de campesiños e mariñeiros hoxe desaparecida. As súas dotes como pintor podían telo convertido en primeira figura da arte galega, sen embargo, o seu espírito individualista non encaixaba na militancia en filas estéticas e non entrará en disciplinas de grupo. A súa tarefa de pintar converterase nun designio humano individual e solitario, filtrando sempre a realidade a través da súa imaxinación eminentemente marcada pola súa identidade galega. A súa grande independencia persoal fixolle permanecer á marxe dos circuítos artísticos que encumbran aos pintores e a súa morte foi esquencido. A obra de Abelardo Miguel cobra nestes momentos plena vixencia no debate actual da Arte galega sobre a existencia dunha arte identitaria, xa que o conxunto das obras do pintor eumés son unha demostración rotunda da súa identidade galega, co valor engadido de que en Abelardo o proceso identitario é completamente existencial e non teórico. Nos últimos anos asístese a unha revalorización da súa obra, en 2008 é nominado Candidato ao Premio Nacional da cultura Galega e léese a Tese de Doutoramento do pintor na Universidade de Sevilla. Asímesmo está en trámite tanto a creación na súa vila natal dun Museo permanente, como a petición para Abelardo Miguel da Medalla Castelao, medalla que se concede a aqueles galegos que dedican a súa vida á plasmación de Galicia no eido artístico, palabras que semellan escritas para este solitario e aínda esquencido pintor de Pontedeume.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontedeume