"Abrahán" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do hebreo ‘Abhrâm, formado por ab ‘pai’ e ram ‘alto, excelso’; xa que logo, ‘Abhrâm vén significar ‘pai excelso, de nobre estirpe’. Segundo a tradición bíblica, foi Iavé quen lle cambiou ao patriarca de hebreos e árabes, o nome en Abrahán (‘pai dunha multitude’). Como todos os nomes do Antigo Testamento, tivo especial vixencia a partir da Reforma Luterana. A festa de Abrahán celébrase o 16 de marzo. Abrahán é tamén un dos personaxes da “Festa da Eva”, antigo auto sacramental que se representa en Laza cada 3 de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Patriarca dos pobos hebreo e árabe. Os hebreos considérano proxenitor a través do seu fillo Issac e os árabes, por medio do seu outro fillo, Ismael. Segundo o libro da Xénese pertencía ao clan de Terha, descendente de Sem (fillo de Noé). Viviu na rexión de Ur de Caldea (Mesopotamia) e recibiu orde de Iavé de emigrar coa súa familia a Palestina. Monoteísta dentro dun ambiente politeísta, chamouno Deus para que se trasladase a Caná. Obrigado por un período de fame emigrou a Exipto. Retornou a Caná e salvou o seu sobriño Lot, prisioneiro de Kedor-Laómer, Rei de Elam. Aínda que tivera un fillo, Ismael, da escrava Agar, Iavé aseguroulle que o ía facer pai dunha multitude de pobos. Así, cumprindo a promesa de Iavé, a súa esposa Sara, daquela vella e estéril, tivo a Isaac, do que nacería unha numerosa descendencia. Ficou, deste xeito, constituída a Alianza entre Deus e o seu pobo, e instituída a circuncisión, sinal desa alianza. Para probar novamente a Abrahán, Deus ordenoulle sacrificar...
-
PERSOEIRO
Orientalista francés, experto en temas persas e na relixión mazdeísta. Publicou a primeira tradución francesa da Avesta (1771).
VER O DETALLE DO TERMO