Abrahán
Abrahán
[ONOM]
Nome procedente do hebreo ‘Abhrâm, formado por ab ‘pai’ e ram ‘alto, excelso’; xa que logo, ‘Abhrâm vén significar ‘pai excelso, de nobre estirpe’. Segundo a tradición bíblica, foi Iavé quen lle cambiou ao patriarca de hebreos e árabes, o nome en Abrahán (‘pai dunha multitude’). Como todos os nomes do Antigo Testamento, tivo especial vixencia a partir da Reforma Luterana. A festa de Abrahán celébrase o 16 de marzo. Abrahán é tamén un dos personaxes da “Festa da Eva”, antigo auto sacramental que se representa en Laza cada 3 de maio.