"Acisclo" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín Acisculus. Este nome aparece xa en Boecio co significado de ‘martelo de pedreiro’. Probablemente na súa orixe foi un alcume de profesión que despois de referirse ao oficio de canteiro pasaría a nome gremial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acisclo Manzano Freire.
-
PERSOEIRO
Mártir cristián venerado xuntamente coa súa suposta irmá Victoria, coa que morreu decapitado. Unha parte das súas reliquias venéranse en Breda. A tradición galega faino irmán dos sete irmáns galaicos de santa Eufemia. Acisclo, un dos santos máis antigos no culto hispánico, é titular das parroquias de Gullade (Monforte de Lemos) e Valadouro (Foz). A súa festa celébrase o 17 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Acisclo Manzano, formouse como entallador na Escola de Formación Profesional Acelerada de Ourense e en 1958 ingresou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. De regreso a Ourense relacionouse con Xaime Quessada e Xosé Luís de Dios e participou nas actividades do grupo O Volter. Durante as súas viaxes por Europa coñeceu a escultura clásica e a obra de A. Giacometti ou C. Brâncuşi. Iniciou, desde a década de 1960 a renovación da escultura galega, intentándoo desde posicións de vangarda, cunha simbiose entre o mundo mediterráneo e o atlántico. A vinculación co Mediterráneo provén da admiración pola Grecia clásica, a súa estancia en Eivissa e os materiais coma o barro; mentres que o seu atlantismo refírese ao seu sensualismo e un certo lirismo que acompaña as súas obras. Traballou nunha obra neofigurativa, que combinou figuración e abstracción, en esculturas onde a figura humana está sempre presente, de forma fragmentada (Torso de dama,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e tratadista de arte. Pintou ao óleo e tamén ao fresco. Traballou no coro da igrexa de San Esteban de Salamanca (1707) e na cartuxa de Granada (1712). Publicou Museo pictórico y escala óptica (1715-1724) e pintou Inmaculada e diversos frescos como os das igrexas de Sant Joan del Mercat e Nostra Senyora dels Desamparats de València.
VER O DETALLE DO TERMO -