Johan Baveca

Johan Baveca

Xograr ou segrel galego. Activo no segundo terzo do s XIII, viviu no último período do reinado de Fernando III e Afonso X. Estivo, probablemente, ao servizo de Rodrigo Gómez de Trastámara e, durante a expansión dos reinos cristiáns, participou nas campañas de Murcia (1242-1243) e Sevilla (1248). Tendo en conta certas referencias das súas cantigas de escarnio, así como as alusións á súa persoa por parte doutros trobadores, ademais da súa participación no ciclo satírico dedicado a Maria Perez a Balteira, pódese relacionar con Airas Perez Vuitoron, Pero Garcia d’Ambroa, Gonçal’Eanes do Vinhal, Pedr’Amigo de Sevilha, trobadores cos que debeu fomentar a súa relación durante os anos de expansión dos reinos cristiáns. Consérvanse 30 composicións da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 13 cantigas de amigo (3 dialogadas), que se caracterizan pola súa variedade temática, 7 cantigas de amor, que presentan os temas típicos do xénero con uniformidade fomal, 8 escarnios persoais, 1 tenzón de maldicir con Pero Garcia d’Ambroa e 1 partimen con Pedr’Amigo de Sevilla sobre a casuística amorosa.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : XIV