"Acte" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 94.

  • Xénero de bacterias con forma de coco ou de bacilo curto. Viven en xeral nas materias vexetais en fermentación e trasforman por oxidación o etanol ou alcohol etílico en ácido acético, e este en anhídrido carbónico. Empréganse industrialmente na elaboración do vinagre, no proceso de acetificación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cocobacilos gramnegativos, aerobios e oxidasa negativos responsables de infeccións graves como a meninxite, a septicemia e diversos procesos supurativos en pacientes afectados de trastornos internos graves.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bacteria da familia das acromobacteriáceas.

    2. Famila de bacterias da orde dos eubacteriais formada por bacilos gramnegativos, de vida libre ou parásitos, de caracteres metabólicos intermedios entre as azotobacteriáceas e as enterobacteriáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome dunha península do golfo Sarónico, no porto do Pireo, en Atenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cazador que, convertido en cervo por Artemisa (a Diana romana) como castigo por tela sorprendido mentres se bañaba coas ninfas, foi devorado polos seus cincuenta cans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias da orde das eubacterias, en foma de bacilo, gramnegativas, aérobicas, que fermentan a lactosa con produción de 2,3-butandiol. Viven saprófitas no solo ou nos vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias do solo en forma de bacilo, gramnegativas; teñen un ciclo biolóxico semellante ao xénero Rhizobium, pero non fixan nitróxeno libre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacteria anaeróbica presente no tubo dixestivo dos mamíferos. Realiza unha acción fermentativa intensa que degrada os glícidos coa produción de ácido butírico (fermentación butírica).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra as bacterias ou impide a súa aparición.

    2. Fármaco que combate as bacterias. Son substancias capaces de inhibir o crecemento das bacterias (acción bacteriostática) ou de eliminalas (acción bactericida) sen apenas lesionar o animal infectado. O seu uso pode ser tanto sistémico como tópico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Individuo do grupo das arqueobacterias.

    2. Conxunto de bacterias que, polas súas características bioquímicas, cómpre considerar un grupo á parte das outras bacterias ou eubacterias. Morfoloxicamente parécense aos organismos procariotas pero polas súas características metabólicas e xenéticas únicas moitos autores considéranas un grupo particular, con categoría de reino. As secuencias de ARN ribosómico que presentan son moi diferentes das secuencias doutros procariotas (as eubacterias) ou das eucariotas. A este grupo pertencen as bacterias produtoras de metano (metanoxénicas), as halófilas estritas (halobacterias) e as termófilas estritas (termobacterias).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bacteria da familia das azotobacteriáceas.

    2. Familia de bacterias eubacteriais, gramnegativas, aerobias estritas, de forma ovoide, bacilar ou cocoide e de flaxelación perítrica, que viven tanto no solo como na auga e que son capaces de fixar nitróxeno libre. O único xénero da familia é Azotobacter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘bacteria’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome co que se designa habitualmente calquera dos representantes da actual clase das bacterias ou esquizomicetos.

    2. Clase de microorganismos unicelulares de estrutura protocariótica, xeralmente heterotróficos e con multiplicación por escisiparidade transversa. A maioría das bacterias están formadas por un citoplasma granuloso sen vacuolos e envolto por unha membrana citoplasmática que serve de soporte aos enzimas respiratorios e aos eventuais pigmentos fotosintetizadores. A membrana pode invaxinarse e constituír os mesosomas, e dentro do citoplasma pódense observar inclusións granulosas que corresponden a substancias de reserva. A parede celular, que envolve por fóra a membrana citoplasmática ou celular, é de material peptídico (peptidoglicano) a base de ácido murámico. Nun gran grupo de bacterias a capa de peptidoglicano é grosa, uniforme e densa, e a parede queda tinguida pola tintura de Gram, feito que determina as chamadas bacterias Gram-positivas; as bacterias que non permanecen tinguidas chámanse Gram-negativas. En xeral, as bacterias poden presentar unha forma esférica (cocos)...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás bacterias.

    2. Causado polas bacterias.

    3. Incorporación de material xenético do medio ao xenoma celular por parte dunha bacteria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera axente químico ou físico que pode causar a morte das bacterias, como os antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia de péptidos extracelulares que producen moitas especies de bacterias Gram-positivas, con actividade bacteriostática ou bactericida fronte doutras especies Gram-positivas, e máis raramente Gram-negativas. O seu modo de acción semella estar vinculado á despolarización da membrana celular, polo que a súa actividade resulta potenciada por axentes quelantes, secuestradores de ións divalentes. A produción de bactericinas detectouse en numerosas especies bacterianas, principalmente no grupo das bacterias do ácido láctico, e xoga sen dúbida un importante papel na probiose. Parece probable que diferentes especies de bacterias produtoras de diferentes tipos de bactericinas poidan formar asociacións nas que se toleran mutuamente, pero exclúen con alta efectividade outras especies patóxenas, como o caso das poboacións microbianas da flora intestinal. A bactericina máis coñecida é a nisina, pero cómpre salientar outras como a subtilina, a estafilococcina, a gallidermina,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de bacterias no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto constituído por bacterias mortas xunto co medio no que se desenvolveron e que se emprega con finalidade profiláctica ou curativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cecidio orixinado como resposta a unha invasión bacteriana; moitas veces prodúcese sobre un tecido lignificado, como os producidos por bacterias do xénero Pseudomonas na oliveira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento fotosintetizador de natureza porfinírica, organometálica, con magnesio. Ten a mesma estrutura xeral que a clorofila. Preséntase nas rodobacteriáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO