antibacteriano -na

antibacteriano -na

(< anti- + bacteriano)

  1. adx

    Que actúa contra as bacterias ou impide a súa aparición.

  2. s m [MED]

    Fármaco que combate as bacterias. Son substancias capaces de inhibir o crecemento das bacterias (acción bacteriostática) ou de eliminalas (acción bactericida) sen apenas lesionar o animal infectado. O seu uso pode ser tanto sistémico como tópico.

Palabras veciñas

Antiatlas | antiatómico -ca | antiauxina | antibacteriano -na | Antibalcáns | antibaquio | antibarrena