antibacteriano -na
antibacteriano -na
(< anti- + bacteriano)
-
adx
Que actúa contra as bacterias ou impide a súa aparición.
-
s
m
[MED]
Fármaco que combate as bacterias. Son substancias capaces de inhibir o crecemento das bacterias (acción bacteriostática) ou de eliminalas (acción bactericida) sen apenas lesionar o animal infectado. O seu uso pode ser tanto sistémico como tópico.