"Adam" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 100.

  • FAMILIAS

    Familia de escultores franceses orixinarios de Nancy. Os máis destacados son Lambert Sigisbert Adam , chamado Adam l’Ainé (Nancy 1700 - París 1759), que traballou para Luís XV nos xardíns de Versalles (Fonte de Neptuno) e publicou un tratado de escultura grega e romana titulado Recueil de sculptures antiques (Escolma de esculturas antigas, 1754); Nicolás Sébastien Adam , chamado Adam Cadet (Nancy 1705 - París 1778), autor do sepulcro de Caterina Opaliuska (1749) en Nancy; e François Gaspart Adam (Nancy 1710 - París 1761), que traballou para Federico II de Prusia en Postdam. Cultivaron un estilo barroco derivado do de Bernini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de arquitectos e, especialmente, de decoradores escoceses do s XVIII, que dan nome ao estilo Adam -estilo neoclásico que se inspira na Antigüidade Clásica greco-romana e en Palladio-. Foron catro irmáns, Robert (Kirkcaldi 1728 - Londres 1792), James (Kirkcaldi 1730 - Londres 1794), William e John , fillos de William Adam (1688-1748), arquitecto de Edimburgo. Arroupados pola nobreza inglesa, decoraron antigas residencias ou edificaron outras novas cunha ornamentación exquisita. O seu estilo espallouse por toda a Illa e polo continente europeo e foi fonte de inspiración das artes do deseño ata a época napoleónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador, nomeado tamén Adam le Bossu. Estivo ao servizo do Rei de Nápoles Carlos de Anjou. Autor de numerosas cantigas satíricas e de catorce rondeaux a diversas voces, un feito sen precedentes. Está considerado como o iniciador do teatro profano en Francia debido ás súas obras cómicas Jeu de la feuillée (Xogo das follas, 1260?) e Jeu de Robin et Marion (Xogo de Robin e Marion, 1282?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor en lingua latina, probablemente de orixe bretona. Perfecciona a poesía rítmica medieval, escribiu secuencias adaptadas á forma estrófica do himno e compuxo prosas para cada tempo litúrxico do ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor de música escénica. Foi profesor no conservatorio de París. Compuxo 39 óperas, entre as que cómpre mencionar Le postillon de Longjumeau (O condutor de Longjumeau, 1836) ou Si j’étais roi (Se eu fose rei, 1852), e o ballet Giselle (1841).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escribiu satiricamente sobre a virtude dos cartos e contra a condición feminina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor, pintor, gravador e tapiceiro francés, de familia de xoieiros. Inicialmente foi pintor. No ano 1944 realizou diversos traballos para a estrea da obra de Jean Paul Sartre Les mouches (As moscas), dirixida por Charles Dullin. Autor de obras monumentais, inspiradas nun expresionismo poscubista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo alemán. Escribiu, entre outras obras, Das Wesen des Katholizismus (O celme do catolicismo, 1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, autor teatral e xornalista francés. Dende o Naturalismo evoluciona cara ao Simbolismo. Escribiu a novela cíclica Le temps et la vie (O tempo e a vida, 1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMES

    Cume de Sri Lanka, ao S da illa (2.243 m de alt). Lugar de peregrinaxe budista e musulmana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rosario de escollos (30 km) que unen a costa SL da India e Sri Lanka, entre o golfo de Mannar e a badía de Palk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Barítono alemán, grande especialista en papeis wagnerianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e teórico da música. Organista da Real Capilla da Almudena en Madrid, publicou Documentos para la instrución de músicos (1786).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo policíclico saturado, interesante pola súa estrutura ríxida e moi simétrica, derivada da fusión de catro aneis de ciclohexano en forma de sela, sen tensións nin angulares nin conformacionais. Despide un arrecendo agradable e fúndese a alta temperatura (286°C). Atópase no petróleo. Por ataque directo deste obtéñense derivados haloxenados e nitroxenados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten as calidades do diamante.

    2. Mineral que ten un brillo e unha dureza semellante á do diamante.

    3. Que se caracteriza pola dureza.

      1. Referente ao esmalte dentario.

      2. órgano adamantino

        Órgano de orixe ectodérmica que dá lugar ao esmalte dos dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor do maxilar formado polos restos paradentais do esmalte dentario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nos vertebrados, célula prismática do órgano adamantino, relacionada coa diferenciación dos odontoblastos e, posiblemente, coa segregación do esmalte dos dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de adamascar.

    2. Semellante ao damasco ou que contén elementos deste tecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer tornar negativo un ligamento positivo ou viceversa, de xeito que a mostra ou tema decorativo siga brillando sobre un fondo mate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Rexión fisiográfica e histórica do Sudán, dividida entre o Camerún e Nixeria. Penichaira granítica, polo NO queda cortada pola fosa tectónica do Benué. O antigo país de Foumbina, ao redor do alto Benué, conquistado polos fulbo nos primeiros anos do s XIX, recibiu o nome de Adamaua do seu unificador (1805), Adama Hassani Ba. A partir de 1900, o país foi explorado polos británicos, os alemáns e os franceses. A rexión foi repartida entre os aliados (Francia e Gran Bretaña) despois da Primeira Guerra Mundial permanecendo esta división logo da independencia (a parte francesa no Camerún e a parte británica en Nixeria).

    VER O DETALLE DO TERMO