adamantano

adamantano
Nome científico: [triciclo [3,3,1,1,3,7] decano]
s m [QUÍM]

Hidrocarburo policíclico saturado, interesante pola súa estrutura ríxida e moi simétrica, derivada da fusión de catro aneis de ciclohexano en forma de sela, sen tensións nin angulares nin conformacionais. Despide un arrecendo agradable e fúndese a alta temperatura (286°C). Atópase no petróleo. Por ataque directo deste obtéñense derivados haloxenados e nitroxenados.