adamantino-na

adamantino-na

(< lat adamantĭnu)

  1. adx

    Que ten as calidades do diamante.

    Ex: O xoieiro fixo uns pendentes con pedras adamantinas.

  2. adx

    Mineral que ten un brillo e unha dureza semellante á do diamante.

    Ex: Ó rematar a carreira fixo a tese sobre os minerais adamantinos.

  3. adx

    Que se caracteriza pola dureza.

    Ex: O seu adamantino carácter vénlle de familia.

  4. [BIOL]
    1. adx

      Referente ao esmalte dentario.

    2. órgano adamantino

      Órgano de orixe ectodérmica que dá lugar ao esmalte dos dentes.

Palabras veciñas

Adam, Theo | Adam, Vicente | adamantano | adamantino-na | adamantinoma | adamantoblasto | adamascado -da