"Ain" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 537.
-
PERSOEIRO
Escultor finlandés. De estilo realista, sacrificou pronto o coidado do detalle a prol do efecto de conxunto. Cultivou o cubismo durante certo tempo. Destaca como autor de baixorrelevos e esculturas monumentais como Sibelius e Nurmi, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pasar o caínzo pola terra para que resulte máis chá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma do Expresionismo abstracto practicada despois de 1945 pola escola de Nova York. Proponse para exteriorizar o inconsciente do artista a partir dunha pintura xestual que expresaba o dinamismo da vida primaria. Jackson Pollock foi o seu principal representante.
-
PERSOEIRO
Escritor en lingua latina, probablemente de orixe bretona. Perfecciona a poesía rítmica medieval, escribiu secuencias adaptadas á forma estrófica do himno e compuxo prosas para cada tempo litúrxico do ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Europa central, no Jura francés (200 Km). Nace no altiplano de Nozeroy e desemboca no Roine pola dereita.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento da rexión de Roine-Alps, Francia (5.762 km2; 500.608 h [estim 1995]). A capital é Bourg-en-Bresse.
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento neolítico da Cisxordania de grande extensión que rexistra unha fase final do Neolítico precerámico do Próximo Oriente (6200/5500 a C), na época en que nesta rexión remata o proceso de domesticación animal (bóvidos, cápridos e porcino). Cómpre salientar a presenza neste xacemento de estatuaria de arxila representando humanos a tamaño natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento prehistórico da bisbarra de Stif (Alxeria oriental). No 1949 anunciouse a presenza nel de interesantes restos faunísticos do Plio-pleistoceno, dun conxunto de útiles realizados sobre calcaria e dolomías cretácicas. O conxunto lítico recuperado, un dos máis antigos de África do Norte, componse de esferoides e seixos tallados unifacial e bifacialmente, núcleos e lascas. Debido á súa cronoloxía e á mesma tecnoloxía, non é un depósito plenamente aceptado pola comunidade científica internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma de endoarterite tóxica, posiblemente de orixe alimentaria, caracterizada pola necrose e a caída indolora dos dedos das mans e dos pés producida por unha contracción fibrosa progresiva e lenta.
-
Indicador de que a acción ou estado referidos polo verbo se está a realizar ou efectuar no intre en que se fala ou do que se fala.
-
Expresión utilizada para exaltar o valor dunha calidade nunha comparación.
-
Expresión que indica inclusión ou suma dentro dun conxunto de elementos.
-
Seguido de xerundio ou da preposición con máis infinitivo significa o mesmo que aínda que.
-
-
-
Indicador de que a acción ou estado referidos polo verbo se está a realizar ou efectuar no intre en que se fala ou do que se fala.
-
Expresión utilizada para exaltar o valor dunha calidade nunha comparación.
-
Expresión que indica inclusión ou suma dentro dun conxunto de elementos.
-
Seguido de xerundio ou da preposición con máis infinitivo significa o mesmo que aínda que.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de endoarterite tóxica, posiblemente de orixe alimentaria, caracterizada pola necrose e a caída indolora dos dedos das mans e dos pés producida por unha contracción fibrosa progresiva e lenta.
-
PERSOEIRO
Escritor romántico inglés. Cultivou o xornalismo, foi editor e abriu en Londres un salón literario frecuentado, entre outros, por Dickens e Thackeray. Destacan as súas novelas John Chilverton (1826), Jack Sheppard (1839), The Tower of London (1840), Old St. Paul’s (1841) e Guy Fawkes (1841).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos ainus ou á súa lingua.
-
Grupo humano leucodermo, do subgrupo dolicocéfalo, que se localiza na parte meridional da illa de Sakhalin e setentrional da illa de Hokkaido; sen embargo, no pasado estaban repartidos por todas as illas do Xapón e mesmo na península de Kamchatka. A orixe desta raza aínda non é segura; trátase dun grupo leucodermo illado en medio de grupos xantodermos do que se descoñecen as súas relacións cos grupos leucodermos occidentais (alpinos, anatólidos, bálticos, dináricos, mediterránidos, nórdicos e turánidos). Os datos arqueolóxicos permiten remontar a historia dos ainu a uns 12.000 anos como mínimo, aínda que non permiten resolver a cuestión das orixes. O período Khomon é unha fase da prehistoria xaponesa datada no 11.000 BP e corresponde a un neolítico cerámico cunha agricultura moi pouco desenvolvida. Tralo período Khomon sucedeu o Iaioi, marcado pola introdución a partir de China de numerosos elementos culturais como a escritura, a metalurxia e o cultivo do arroz. Os restos humanos do período...
-
Etnia de Asia oriental, integrada por unhas 17.000 persoas, que habitan en diversas illas setentrionais do Xapón (Sakhalin, Hokkaido). Tradicionalmente practicaban unha economía de subsistencia baseada na pesca e, en menor medida, na caza. Na actualidade sofren un proceso de aculturación pola presión xaponesa, froito do que están a introducir o cultivo do arroz. Son de relixión animista.
-
Conxunto das falas dos ainus. Ata o momento non foi posible integrar a lingua dentro dunha familia máis ampla. As investigacións toponímicas evidenciaron que era a lingua autóctona do arquipélago xaponés ata a chegada dos grupos continentais.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos ainus.
-
Individuo da etnia ainu.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Émile Auguste Chartier.
-
PERSOEIRO
Compositor francés, irmán de Marie Claire e de Olivier e discípulo de Dukas e de Dupré. Compuxo obras para órgano, piano e vocais (misas, motetes, etc).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Organista francesa. Irmá de Jehan e de Olivier. Estudou no conservatorio de París con M. Dupré. Rexistrou a obra completa para órgano de J. S. Bach e Händel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Musicólogo, crítico e compositor francés. Fundador e director do conservatorio municipal da súa cidade natal. Compuxo pezas para órgano (Suite pour orgue) e para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Henri Fournier.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Málaga, Andalucía, na Hoya de Málaga (2.274 h [1996]). Cereal e oliveira.
VER O DETALLE DO TERMO