aínda
(< a + lat hinc + de + ad)
-
adv
Indicador de que a acción ou estado referidos polo verbo se está a realizar ou efectuar no intre en que se fala ou do que se fala.
Ex: Aínda estaba na oficina cando eu cheguei.
-
adv
Expresión utilizada para exaltar o valor dunha calidade nunha comparación.
Ex: O teu coche é aínda mellor ca o meu.
-
adv
Expresión que indica inclusión ou suma dentro dun conxunto de elementos.
Ex: Comeu catro anacos pero aínda comería outro.
Sinónimos: incluso, tamén. -
conx
Seguido de xerundio ou da preposición con máis infinitivo significa o mesmo que aínda que.
Ex: Aínda con mal tempo, iremos correr.
Sinónimos: inda.
Frases feitas
-
Aínda ben que ben. Expresa resignación ante calquera contratempo.
-
Aínda eu arda! Expresión utilizada para facer un xuramento. Ex: Non entras máis nesta casa, aínda eu arda!
-
Aínda non asamos e xa pingamos. Expresión utilizada para indicar precipitación.
-
Aínda non lle caeu a casca do cu. Expresión que indica que unha persoa é inmadura. Ex: Aínda non lle caeu a casca do cu e xa quere independizarse.
-
Aínda por riba. Ademais. Ex: Despois de pedir como agasallo de aniversario unha bici, aínda por riba tamén quere o equipamento oficial do Deportivo.
-
Aínda que loc conx Introduce unha cláusula na que se expresa unha dificultade que obstaculiza pero non impide o cumprimento do expresado noutra. Ex: Collérono para o posto, aínda que non quería traballar.
-
Aínda vai a misa no credo. Expresa que aínda se vai pola metade na realización ou planificación de algo.