aínda

aínda

(< a + lat hinc + de + ad)

  1. adv

    Indicador de que a acción ou estado referidos polo verbo se está a realizar ou efectuar no intre en que se fala ou do que se fala.

    Ex: Aínda estaba na oficina cando eu cheguei. 

  2. adv

    Expresión utilizada para exaltar o valor dunha calidade nunha comparación.

    Ex: O teu coche é aínda mellor ca o meu. 

  3. adv

    Expresión que indica inclusión ou suma dentro dun conxunto de elementos.

    Ex: Comeu catro anacos pero aínda comería outro. 

    Sinónimos: incluso, tamén.
  4. conx

    Seguido de xerundio ou da preposición con máis infinitivo significa o mesmo que aínda que.

    Ex: Aínda con mal tempo, iremos correr.

    Sinónimos: inda.

Frases feitas

  • Aínda ben que ben. Expresa resignación ante calquera contratempo.

  • Aínda eu arda! Expresión utilizada para facer un xuramento. Ex: Non entras máis nesta casa, aínda eu arda!

  • Aínda non asamos e xa pingamos. Expresión utilizada para indicar precipitación.

  • Aínda non lle caeu a casca do cu. Expresión que indica que unha persoa é inmadura. Ex: Aínda non lle caeu a casca do cu e xa quere independizarse.

  • Aínda por riba. Ademais. Ex: Despois de pedir como agasallo de aniversario unha bici, aínda por riba tamén quere o equipamento oficial do Deportivo.

  • Aínda que loc conx Introduce unha cláusula na que se expresa unha dificultade que obstaculiza pero non impide o cumprimento do expresado noutra. Ex: Collérono para o posto, aínda que non quería traballar.

  • Aínda vai a misa no credo. Expresa que aínda se vai pola metade na realización ou planificación de algo.

Palabras veciñas

Ain Ghazal | Ain Hanech | aínda | aínda | ainhum | Ainsworth, William Harrison | ainu