Ain Hanech
Ain Hanech
Xacemento prehistórico da bisbarra de Stif (Alxeria oriental). No 1949 anunciouse a presenza nel de interesantes restos faunísticos do Plio-pleistoceno, dun conxunto de útiles realizados sobre calcaria e dolomías cretácicas. O conxunto lítico recuperado, un dos máis antigos de África do Norte, componse de esferoides e seixos tallados unifacial e bifacialmente, núcleos e lascas. Debido á súa cronoloxía e á mesma tecnoloxía, non é un depósito plenamente aceptado pola comunidade científica internacional.