"Alabama" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do S dos EE UU (133.915 km2; 4.273.084 h [estim 1996]). A capital é Montgomery. Os altiplanos do Cumberland e do Piedmont, separados polo Great Valley apalachián, flanquean o estado polo NL. O resto forma parte da chaira litoral do Golfo de México, accidentada de L a O por unha serie de outeiros (Blak Belt, Red Hills). O río Tennessee drena a rexión N; o Alabama drena a rexión central e o SO, e vai xuntarse co Tombigbee para formar o Mobile. Foi chamado o estado do algodón, aínda que hoxe en día os cereais, as patacas, a horta e a gandería fixeron diminuír a súa importancia relativa. As industrias máis importantes son a química, a téxtil, a metalúrxica e a alimentaria. Destacan as cidades de Birmingham, Mobile, Montgomery, Huntsville e Tuscaloosa. O territorio de Alabama foi explorado polos españois en 1540 e formou parte de Luisiana. En 1763, tralo Tratado de París, pasou á soberanía británica ata 1883, cando trala independencia das Trece Colonias tivo que ceder o N aos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito entre os EE UU e o Reino Unido durante a Guerra de Secesión estadounidense. O motivo foi a construción e reparación na Gran Bretaña de diversos barcos de guerra para os confederados, que logo destruíron barcos mercantes nordistas. Ao remate da guerra, un tribunal internacional condenou (1872) o Reino Unido a pagar unha forte indemnización por ter violado as normas da neutralidade.