Alabama, Cuestión de

Alabama, Cuestión de
[HIST]

Conflito entre os EE UU e o Reino Unido durante a Guerra de Secesión estadounidense. O motivo foi a construción e reparación na Gran Bretaña de diversos barcos de guerra para os confederados, que logo destruíron barcos mercantes nordistas. Ao remate da guerra, un tribunal internacional condenou (1872) o Reino Unido a pagar unha forte indemnización por ter violado as normas da neutralidade.

Palabras veciñas

alá | ala! | Alabama | Alabama, Cuestión de | alabandina | alabarca | alabarda