alá
(< lat ad illac)
-
adv
Forma que indica un lugar afastado e impreciso con respecto ao falante. Inclúese dentro do grupo dos adverbios absolutos, en oposición á forma acá, deíctica de proximidade. Realza a acción anteposta ao verbo. Ás veces pode indicar ausencia de desprazamento.
Ex: Vai alá e que che dean o que lles pedín. Alá irei a festexalo. Por alá van todos os da procesión.
Confrontacións: acolá, alí, aló. -
adv
Elemento gramatical que serve para indicar un tempo distanciado, tanto no pasado coma no futuro.
Ex: Convocarán as probas alá para o dez de outubro.
Confrontacións: aló, entón.
Frases feitas
-
Alá ti/alá el. Desinterese sobre o que faga outra persoa. Ex: Alá eles se o queren facer así.
-
Alá vai a festa! Expresión utilizada para indicar que as cousas non saíron coma un pensaba.
-
Alá vai canto Marta fiou!/Alá vai o burro coas noces! Indica que algo se botou a perder.
-
Alá vai María, que chove! Expresa esaxeración.
-
Máis alá de. Cantidade indeterminada. Ex: Non había máis alá de cen persoas no concerto.
-
O máis alá. O outro mundo. Ex: As meigas comunícanse con seres do máis alá.